TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO: RESULTADOS
ACCESO A 3º CURSO DE GRAO PROFESIONAL (TUBA)
No seguinte enlace podedes consultar os resultados da proba de acceso: Resultados 3ºGP tuba
Prazo de reclamacións: dende o 19 ata o 25 de xuño (presentando o seguinte modelo: solicitude de reclamación)
Prazo de matrícula: 19 e 20 de xuño (segundo a información que podedes atopar no seguinte enlace: información matrícula alumnos novos GP )
ACCESO A 3º (SAXOFÓN) E 4º (TROMPETA) CURSO DE GRAO ELEMENTAL
No seguinte enlace podedes consultar os resultados das probas de acceso a 3ºGE de saxofón e 4ºGE de trompeta: Resultados saxofón e trompeta
Prazo de reclamacións: dende o 18 ata o 24 de xuño (presentando o seguinte modelo: solicitude de reclamación)
Prazo de matrícula: 18 e 19 de xuño (segundo a información que podedes atopar no seguinte enlace: información matrícula para alumnos novos
ACCESO A 2º CURSO DE GRAO ELEMENTAL (PIANO)
No seguinte enlace podedes consultar os resultados das probas de acceso a 2ºcurso de grao elemental (piano) realizadas o pasado 14 de xuño: Resultados 2ºpiano
Prazo de reclamacións: dende o 17 ata o 21 de xuño (presentando o seguinte modelo: solicitude de reclamación)
Prazo de matrícula: 24 de xuño (segundo a información que podedes atopar no seguinte enlace: información matrícula para alumnos novos
PRAZAS OFERTADAS PARA CADA CURSO
As prazas ofertadas para o curso 2024-2025 son as seguintes: enlace ao listado de prazas
AVISO: 2º Grao Elemental (Piano)
Os alumnos inscritos para a proba de acceso ao 2º curso de Grao Elemental de Piano poderán ensaiar no piano da proba os días 12 e 13 de xuño en horario de tarde. Para poder facelo teñen que facer unha reserva na conserxería do conservatorio en persoa ou por teléfono (886151545).
TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO (actualizadas)
As probas de acceso realizaranse probablemente entre o 14 e o 19 de xuño de 2024.
No seguinte enlace podedes consultar as datas exactas, os tribunais e o listado de aspirantes en cada especialidade: Tribunais e inscritos
CRITERIOS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS
Podedes consultar un resumo sobre a información das probas e os criterios de cualificación das mesmas nos seguintes enlaces:
Información 3ºGP frauta travesa
Podedes consultar información máis detalladas nas distintas programacións didácticas publicadas nesta mesma web ( https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/ ).
PASOS PARA CONFIRMAR A SOLICITUDE DE PRAZA PARA AS OBRAS:
O prazo para confirmar a súa solicitude para a proba de acceso é ata o 20 de maio ás 14h. A confirmación pode facerse presencialmente na secretaría (en horario de mañá) ou por correo electrónico (no cmus.pontevedra@edu.xunta.gal). A documentación que hai que entregar para confirmar a praza é a seguinte:
Se solicitou para a proba a Grao Elemental:
- Copia do DNI do alumno
- Autorización para a gravación da proba asinada polo pai/nai/titor (achégase modelo no seguinte enlace: enlace á autorización )
Poden envialo por mail (no cmus.pontevedra@edu.xuntal.gal). No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
Se solicitou para a proba a Grao Profesional:
- Copia do DNI do alumno
- Autorización para a gravación da proba asinada polo pai/nai/titor (achégase modelo no seguinte enlace: enlace á autorización )
- Xustificante de pagamento de dereitos de exame. Achegamos un titorial de como realizar o pago: Acceso profesional
Poden envialo por mail (no cmus.pontevedra@edu.xuntal.gal). No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
SOLICITUDE DE PROBA DE ACCESO
O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL SERÁ do 15 de abril ao 3 de maio de 2024.
DE SER O CASO, AS PROBAS REALIZARÍANSE entre o 14 e o 19 de xuño de 2024.
*Son probas extraordinarias e non saen prazas ofertadas en todos os instrumentos.
PASOS PARA SOLICITAR PRAZAS PARA AS PROBAS:
1) Acceder ao seguinte enlace: Solicitude praza (pulsar aquí)
2) Encher a folla de inscripción cos datos requeridos.
3) Imprimir ou descargar o resgardo de preisncripción e envialo ao enderezo cmus.pontevedra@edu.xunta.gal, ou entregalo presencialmente na secretaría do centro (de 9 a 14 horas) antes das 14 horas do venres 3 de maio
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
PROBAS DE GRAO ELEMENTAL (2º – 4º curso)
O acceso ao grao elemental está limitado a rapaces de entre 8 e 14 anos cumpridos ou a cumprir no ano natural.
O acceso a cursos distintos de primeiro será a partir dunha proba que constará de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:
- Interpretación, no instrumento da especialidade á que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
- Exercicio teórico-práctico para avaliar os coñecementos de linguaxe musical.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 1 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 60%
- Proba de linguaxe musical: 40%
Os contidos, criterios de avaliación así como os listados orientativos das obras poden consultarse nas programacións didácticas dos distintos departamentos que se atopan nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/
As probas realizaranse entre o 14 e o 19 de xuño de 2024 e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.
Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.
PROBAS DE GRAO PROFESIONAL (2º – 6º curso)
Estas probas estrutúranse en dúas partes:
- Proba de carácter práctico que avalía a interpretación instrumental.
- Proba que avalía os coñecementos teóricos e prácticos tendo en conta a distribución das materias correspondentes a cada especialidade instrumental nos diferentes cursos do grao profesional.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 0 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 70%
- Proba teórico-práctica: 30%
As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado será unha cualificación numérica de 0 a 10. A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.
De ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na proba de interpretación do instrumento.
Os contidos, criterios de avaliación así como os listados orientativos das obras poden consultarse nas programacións didácticas dos distintos departamentos que se atopan nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/
As probas realizaranse entre o 14 e o 19 de xuño de 2024 e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.
Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS
O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.
ACLARACIÓNS:
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.
PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.
*IMPORTANTE: Todos os aspirantes deberán presentar DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.