Prazos e datas de interese no procedemento de ACCESO AO GRAO PROFESIONAL:
Información xeral sobre o grao profesional: Ver aquí
Podedes consultar máis información sobre as meterias e horarios do 1º curso de GRAO PROFESIONAL no seguinte enlace: INFORMACIÓN
Calendario do procedemento de acceso: Consultar aquí
OFERTA DE PRAZAS: Ver aquí
Unha vez acabado o prazo de inscrición, poderedes consultar o número de prazas e o número de inscritos por cada especialidade.
CRITERIOS E INFORMACIÓN sobre a realización das probas
Podedes consultar a información referente ás probas de acceso para o curso 2026-2027 nos seguintes enlaces:
Criterios da proba de linguaxe musical (actualizado)
Criterios da proba instrumental (actualizado)
*Ver aquí un exemplo de cada unha das partes do exame da parte de linguaxe musical (na proba, as partes de ritmo, entoación e teoría constarán de máis exercicios de dificultade similar)
* De acordo ao artigo 9 da Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música (que podedes consultar no seguinte enlace) os alumnos deberán presentase a cada exercicio provistos do DNI (ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade), así como das partituras orixinais para a súa interpretación perante o tribunal. No caso de que a obra a interpretar requira a participación dalgún tipo de acompañamento musical, ben sexa pianístico ou de música de cámara, este correrá a cargo do aspirante á proba.
IMPORTANTE: Todas as probas de acceso, a excepción do ingreso a 1º G.E., serán gravadas, polo que será necesario entregar xunto co formulario de inscrición o seguinte consentimento: Ver impreso aquí
INSCRICIÓN
O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Profesionais de Música será do 7 ao 27 de abril de 2026.
A inscrición realizarase de xeito online. Pero ningunha inscrición será válida ata que sexa enviada ou entregada na secretaría do centro xunto coa documentación requerida dentro do prazo (ata o 27 de abril ás 14 horas).
*A documentación será enviada por correo electrónico ou entregada presencialmente na secretaría ( de 9 a 14 horas) dentro do prazo establecido (ata o 27 de abril ás 14 horas).
PASOS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE 1º:
1) Acceder ao enlace de inscrición: este enlace estará dispoñible aquí a partir do 7 de abril.
2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.
3) Imprimir ou descargar o resgardo de inscrición.
4) Cubrir e asinar a autorización para a gravación de imaxes: Ver impreso aquí
5) Facer o pago das taxas correspondentes, seguindo o seguinte titorial: Acceso profesional
6) Enviar toda a documentación, xunto cunha copia do DNI do alumno, antes das 14 horas do 27 de abril, ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante. Tamén se poderá entregar presencialmente na secretaría do centro en horario de 9 a 14 horas.
Resumo da documentación a achegar:
-Copia da solicitude
-Copia do DNI
-Resgardo das taxas, só no caso do grao profesional (xunto con calquera documentación que xustifique a exención das taxas no seu caso)
- Autorización para a gravación de imaxes.
Calquera petición ou información que se considere relevante (xustificada documentalmente), deberá entregarse a través da seguinte instancia (enlace á instancia) ,xunto co formulario de matrícula
DATAS DAS PROBAS: TRIBUNAIS e LISTAS DE INSCRITOS (sairán publicados o 8 de maio de 2026)
As probas de acceso ao 1º curso do Grao Profesional realizaranse a semana do 8 ao 12 de xuño de 2026.
A información relativa aos tribunais (días, horas e inscritos) poderá consultarse nesta páxina o día 8 de maio de 2026.
- Normalmente, pola mañá realizarase a parte instrumental e pola tarde a proba de linguaxe musical.
IMPORTANTE: Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.
* Aqueles aspirantes inscritos para a proba de acceso na especialidade de Piano, poderán realizar un ensaio no piano do centro, os días previos ás probas (horarios pendente de publicación).
RESULTADO DAS PROBAS DE ACCESO A 1ºGP
Normalmente, poderedes consultar as notas das probas de acceso a 1º curso de Grao Profesional o día despois do remate da última proba.
PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: 5 dias hábiles a partir da publicación dos resultados
ALUMNOS EN LISTA DE ESPERA (L.E.): Os alumnos que se atopen en L.E. poderán ser chamados durante o mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.
