Acceso a cursos distintos de primeiro

Prazos e datas de interese no procedemento de ACCESO A CURSOS DISTINTOS DE 1º:

 

Calendario do procedemento de acceso: Poden consultar un calendario resumido do proceso no seguinte enlace: Ver aquí

 

 

 

TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO 

 

A continuación poden consultar a información dos tribunais das probas de acceso a cursos distintos de 1º curso, incluíndo tamén o listado de inscritos:

Para as probas de acceso a 2º de Grao Elemental podedes consultar os tribunais e inscritos no seguinte enlace:  Tribunais de Grao Elemental

Para as probas de acceso a cursos distintos de Grao Profesional os tribunais son os seguintes: Tribunais de Grao Profesional

 

IMPORTANTE

O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.

ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.

PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.

 

* Aqueles aspirantes inscritos nas probas de acceso na especialidade de PIANO poderán facer un ensaio de media hora no piano no que realizarán a proba, o venres 12 de xuño (de 15 a 21h). Para iso deberán anotarse previamente na conserxería do centro (teléfono: 886151545).

 

 

CRITERIOS PARA AS PROBAS DE ACCESO ÁS PRAZAS OFERTADAS

Podedes consultar a información concreta de cada proba de acceso a continuación:

 

Para o acceso a 2º curso de Grao Elemental de Piano:  enlace á información de piano

Para o acceso a 2º curso de Grao Elemental de Trompeta: enlace á información de trompeta

Para o acceso a 3º curso de Grao Profesional de Frauta Travesa: enlace á información de frauta travesa

Para o acceso a 4º de Grao Profesional de Óboe: enlace á información de óboe

Para o acceso a 6º de Grao Profesional de Canto:  enlace á información de canto

 

 

 

PRAZAS OFERTADAS 

Podedes consultar o listado das prazas ofertadas, por curso e especialidade, no seguinte enlace: enlace ás prazas ofertadas

No caso se que se ofertara a praza que tiña solicitada, e siga interesado en presentarse á proba, deberá formalizar a matrícula para a proba de acceso do 8 ao 14 de maio ás 14h.

 

 

PASOS PARA MATRICULARSE PARA AS PROBAS DE ACCESO:

No caso se que se ofertara a vacante solicitada, e siga interesado en presentarse á proba, deberá formalizar a matrícula para a proba de acceso do 8 ao 14 de maio ás 14h. A matrícula pode facerse presencialmente na secretaría (en horario de mañá) ou por correo electrónico (no cmus.pontevedra@edu.xunta.gal). A documentación que hai que entregar é a seguinte:

Se solicitou para a proba a Grao Elemental:

  1. Copia do DNI do alumno
  2. Autorización para a gravación da proba asinada polo pai/nai/titor (achégase modelo no seguinte enlace: enlace á autorización )

Poden envialo por mail (no cmus.pontevedra@edu.xuntal.gal). No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.

Se solicitou para a proba a Grao Profesional:

  1. Copia do DNI do alumno
  2. Autorización para a gravación da proba asinada polo pai/nai/titor (achégase modelo no seguinte enlace: enlace á autorización )
  3. Xustificante de pagamento de dereitos de exame. Achegamos un titorial de como realizar o pago:  Acceso profesional

Poden envialo por mail (no cmus.pontevedra@edu.xuntal.gal). No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.

 

 

INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS DE GRAO ELEMENTAL (2º – 4º curso)

O acceso ao grao elemental está limitado a rapaces de entre 8 e 14 anos cumpridos ou a cumprir no ano natural.

O acceso a cursos distintos de primeiro será a partir dunha proba que constará de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:

  1. Interpretación, no instrumento da especialidade á que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
  2. Exercicio teórico-práctico para avaliar os coñecementos de linguaxe musical.

Cada un dos exercicios cualificaranse de 1 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:

  • Proba de interpretación instrumental: 60%
  • Proba de linguaxe musical: 40%

Os contidos, criterios de avaliación así como os listados orientativos das obras poden consultarse nas programacións didácticas dos distintos departamentos que se atopan nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/

As probas realizaranse entre o 15 e o 19 de xuño de 2026 e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.

Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.

 

 

 

 

INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS DE GRAO PROFESIONAL (2º – 6º curso)

Estas probas estrutúranse en dúas partes:

  1. Proba de carácter práctico que avalía a interpretación instrumental.
  2. Proba que avalía os coñecementos teóricos e prácticos tendo en conta a distribución das materias correspondentes a cada especialidade instrumental nos diferentes cursos do grao profesional.

Cada un dos exercicios cualificaranse de 0 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:

  • Proba de interpretación instrumental: 70%
  • Proba teórico-práctica: 30%

As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado  será unha cualificación numérica de 0 a 10. A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.

De ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na proba de interpretación do instrumento.

 

Os contidos, criterios de avaliación así como os listados orientativos das obras poden consultarse nas programacións didácticas dos distintos departamentos que se atopan nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/

As probas realizaranse entre o 15 e o 19 de xuño de 2026 e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.

Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.

 

IMPORTANTE

O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.

ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.

PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.

 

 

SOLICITUDE DE PROBA DE ACCESO

O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL SERÁ do 7 ao 27 de abril de 2026.

De ser o caso, as probas realizaríanse entre o 15 e o 19 de xuño de 2026.

*Son probas extraordinarias e non saen prazas ofertadas en todos os instrumentos. 

 

PASOS PARA SOLICITAR PRAZAS PARA AS PROBAS:

1) Acceder ao  enlace que estará dispoñible aquí a partir do 7 de abril.

2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.

3) Imprimir ou descargar o resgardo de preisncrición e envialo ao enderezo cmus.pontevedra@edu.xunta.gal, ou entregalo presencialmente na secretaría do centro (de 9 a 14 horas) antes das 14 horas do luns 27 de abril

No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESULTADOS DAS PROBAS DE ACCESO

Normalmente, poderedes consultar as notas das probas de acceso a o día despois do remate da última proba.

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: 5 dias hábiles a partir da publicación dos resultados

 

ALUMNOS EN LISTA DE ESPERA (L.E.):  Os alumnos que se atopen en L.E. poderán ser chamados durante o mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.