II Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga


[2/4/2024] Aberto o prazo de inscrición para participar no II Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga que organiza o Departamento de Tecla. O prazo remata o 12 de abril. A inscrición realízase a través do seguinte formulario. Consulta as bases do concurso nesta páxina web.


 

II CONCURSO DE PIANO CMUS MANUEL QUIROGA

Desde o Departamento de Tecla do Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga” de Pontevedra convocamos o II Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga, que terá lugar no noso conservatorio. O obxectivo deste concurso é propiciar o intercambio de experiencias e incentivar a motivación do noso alumnado, así como recoñecer a súa dedicación e traballo.

O concurso desenvolverase nunha única fase no auditorio do Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra os días 4 e 5 de xuño de 2024. Contará con catro categorías por idades.

Poderán participar no concurso todos aqueles alumnos matriculados no presente curso nos conservatorios e escolas de música da provincia de Pontevedra.

As inscricións realizaranse desde o 2 de abril ao 12 de abril de 2024, ambos inclusive, cumprimentando o boletín de inscrición dixital. Deberanse achegar a “Declaración de conformidade” e a “Autorización para o tratamento de imaxes”, cumprimentadas e asinadas.

 

 

[pdf] II Concurso – Autorización Imaxes

[pdf] II Concurso – Declaración Conformidade

[www] Formulario de inscrición (2-12 de abril)