Acceso a 1º grao elemental

Prazos e datas de interese: 

 

Información xeral sobre o grao elemental: Ver aquí

Podedes consultar máis información sobre as materias e horarios do GRAO ELEMENTAL no seguinte enlace:  INFORMACIÓN

 

Calendario definitivo do procedemento de acceso: consultar aquí

 

RESULTADO DAS PROBAS DE ACCESO A 1ºGE

Poderedes consultar as notas das probas de acceso a 1º curso de Grao Elemental no seguinte enlace:  enlace aos resultados

 

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: do 15 ao 19 de xuño (ás 14 horas) , usando o seguinte modelo: Ver aquí

 

 

ALUMNOS EN LISTA DE ESPERA (L.E.):  Os alumnos que se atopen en L.E. poderán ser chamados durante o mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.

 

VACANTES DE 2º OPCIÓN: No caso de non resulte chamado pola súa lista de espera poderá optar ás prazas vacantes  que resten noutras especialidades. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara na proba de acceso.

Esta elección realizarase nun acto no auditorio de Conservatorio. Dito acto terá lugar o martes 30 de xuño ás 20 horas no auditorio do centro.

Podedes consultar toda a información,  no seguinte enlace: Información vacantes 2ª opción

 

 

Matrícula do alumnado admitido (1º elemental)

Os alumnos que obtiveron praza poderán facer efectiva a matrícula, os días 22 e 23 de xuño, seguindo os seguintes pasos:

1º.- Leer estas instrucións:  INSTRUCIÓNS

2º.- Cubrir o seguinte impreso de matrícula: IMPRESO

3º.- Cubrir e asinar a autorización de uso de imaxes: Autorización

4º.- Realizar o pago. Seguindo os pasos que se mostran no seguinte titorial: TITORIAL

(só no caso de fraccionar o pago da matrícula, deberedes tamén cumprimentar este outro impreso: impreso_2ºprazo)

5º.- Enquisa sobre os estudos musicais: enlace á enquisa

6º.- Cumprimentar enquisa de horarios. Para a elaboración de horarios é importante que cumprimentedes unha enquisa sobre o horarios que cursen no colexio ou IES no seguinte enlace: Enquisa Horarios Elemental (Pinchar aquí)

7º.- Entregar a documentación, preferentemente por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal), poñendo no asunto “Matrícula: nome do alumno” ou presencialmente na secretaría do centro entre as 9 e as 14h.

 

Podedes consultar INFORMACIÓN XERAL sobre o 1º curso de GRAO ELEMENTAL no seguinte enlace:  INFORMACIÓN

 

TRIBUNAIS E LISTA DE INSCRITOS 

 

Podedes consultar o listado de alumnos inscritos, ordenados alfabéticamente por apelido, no seguinte enlace: lista de inscritos

 

Os tribunais podedes consultalos a continuación: enlace aos tribunais

 

IMPORTANTE: Os alumnos deberán presentarse uns minutos antes da proba xa que se fai un chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI (ou documento fidedigno de identificación).

 

OFERTA DE PRAZAS:  

(actualizado con número de inscritos)

Neste enlace podedes ver o número de prazas e o número de inscritos por cada especialidade: enlace

 

 

CRITERIOS E INFORMACIÓN sobre a realización das probas 

Podedes consultar a información sobre a proba a realizar para o acceso ao 1º curso de Grao Elemental no seguinte enlace:  Información sobre a proba (actualizado)

 

INSCRICIÓN ÁS PROBAS

O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Elementais e Profesionais de Música será do 7 ao 27 de abril de 2026.

A inscrición realizarase de xeito online (seguindo os pasos detallados no seguinte apartado). Pero ningunha inscrición será válida ata que sexa enviada á secretaría do centro xunto coa documentación requerida dentro do prazo (ata o 27 de abril ás 14 horas).

*A documentación será enviada por correo electrónico ao seguinte  enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal,   ou entregada presencialmente na secretaría (de 9 a 14h), dentro do prazo establecido (ata o 27 de abril ás 14 horas). 

 

PASOS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE 1º:

1) Acceder ao enlace de inscrición: estará dispoñible aquí a partir do 7 de abril

2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.

3) Imprimir ou descargar o resgardo de preinscrición e envialo, xunto co resto de documentación, antes das 14 horas do 27 de abril ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.

Tamén poderá entregarse presencialmente na secretaría do centro (horario: de 9 a 14h)

 

A documentación a enviar é a seguinte:

-Copia da solicitude

-Copia do DNI

Calquera petición ou información que se considere relevante (xustificada documentalmente), deberá entregarse a través da seguinte instancia ( enlace á instancia) ,xunto co formulario de matrícula