22-26 abril | Xornadas de Portas Abertas

As Xornadas de Portas Abertas iniciaranse o luns 22 , e extenderanse ata o venres 26 de abril en horario de tarde.

Durante este días poderán achegarse ao conservatorio todos aqueles que o desexen, coa finalidade de coñecer o funcionamento do centro, así como os instrumentos, como se desenvolven as clases, … etc.

Os menores de idade deben asistir acompañados dun adulto.  Ao chegar ao centro dirixiranse á conserxería onde se lles facilitará información para que poidan disfrutar desta visita, na que poderán ter contacto directo cos profesores e alumnos do conservatorio.

Podedes consultar máis información sobre os horarios dispoñibles dos distintos instrumentos no seguinte tríptico:  enlace tríptico informativo