–> Resumo cadro de horarios de clase e agrupacións*: enlace
Profesorado e aulas provisionais, pendentes dos nomeamentos do novos docentes.
*Para consultar as materias por curso de cada instrumento ver o Plan de estudos aquí
LISTAS DEFINITIVAS:
(pinchar no nome da materia)
1º CURSO: Linguaxe Musical 1º
2º CURSO: Linguaxe Musical 2º
3º CURSO: Harmonía 3º – Novas Tecnoloxías 3º
4º CURSO: Harmonía 4º– Historia da Música 4º
5º CURSO: Análise 5º – Historia da Música 5º
6º CURSO: Análise 6º– Itinerarios 6º (actualizados 06/09)– Optativas 6º
LISTADOS DAS AGRUPACIÓNS:
Orquestra/Banda( Corda, Vento madeira, Vento metal, percusión ): Pinchar aquí
Coro (Acordeón, Canto, Clave, Frauta de bico, Guitarra, ICPRB, Piano e Viola da gamba): Pinchar aquí
AGRUPACIÓN COMPLEMENTARIA NON OBRIGATORIA – BIG BAND
Este curso poñerase en funcionamento unha Big Band (agrupación instrumental non obrigatoria). Está destinada a aqueles alumnos que estén interesados e cursen entre 4º e 6º de Grao Profesional das seguintes especialidades: trompeta, trombón de varas, saxofón, percusión, contrabaixo, piano e guitarra.
Esta agrupación estará a cargo do profesor Jose Pérez e o seu horario será o seguinte: Luns de 20 a 21h no auditorio.
LISTADOS DAS RESTANTES MATERIAS:
Se tes as materias de conxunto ou cámara podes consultar o nome do teu profesor/a e o teu grupo nos seguintes enlaces:
Conxunto(1º e 2º de Corda, Percusión, Vento Madeira e Vento Metal, e de 1º a 4º do resto das especialidades): Ver aquí
Música de Cámara (3º a 4º de Canto, 5º e 6º do resto das especialidades): Ver aquí
ASIGNACIÓN DO PROFESOR DE INSTRUMENTO e outras materias instrumentais:
INSTRUMENTO:
–> LISTADO ALFABÉTICO DE ALUMNOS CO CORRESPONDENTE PROFESOR/A DE INSTRUMENTO: Consultar aquí
PIANO COMPLEMENTARIO:
Se tes a materia de piano complementario (é dicir de 3º a 6º, agas acordeón, clave e piano) podes consultar o nome do teu profesor/a: Consultar aquí
REPENTIZACIÓN:
Se tes a materia de repentización e acompañamento (de 4º a 6º de acordeón, clave e piano e de 5º a 6º de ICPRB e guitarra) podedes consultar o nome do voso profesor/a: Consultar aquí
CADROS DE DISPOÑIBILIDADE HORARIA DO PROFESORADO (ORDEADOS POR INSTRUMENTO):
Podedes consultar as horas dispoñibles do profesorado de instrumento no seguinte enlace: Consultar aquí
PRESENTACIÓNS DE INSTRUMENTO E OUTRAS MATERIAS INSTRUMENTAIS (GRAO PROFESIONAL):
A presentación de instrumento é o momento en que se elixe o horario individual de instrumento co profesor correspondente.
Podedes consultar as normas para as presentacións no seguinte enlace: enlace ás normas
No curso 2024-2025 as presentacións do grao profesional serán os días 9 e 10 de setembro, segundo o seguinte calendario: (Ver aquí resumo)
– As presentacións das materias colectivas non instrumentais, así como bandas, orquestras, coros e ensembles realizaranse na primeira clase ordinaria.
Nota Importante: Para a elección dos horarios seguiranse o criterios de prelación que se teñen aprobado e publicado. Podedes consultar dita información no seguinte enlace: Pinchar aquí
INICIO DAS CLASES: MÉRCORES 11 DE SETEMBRO
–> Resumo cadro de horarios de clase e agrupacións: enlace
*Para consultar as materias por curso de cada instrumento ver o Plan de estudos aquí
CAMBIOS DE GRUPO:
Prazo para peticións de cambio de grupo: O prazo para solicitar cambios dos listados provisionais rematou o luns 8 de xullo (ás 14h).
Para solicitar un cambio de grupo deberán cubrir un impreso de solicitude de cambio de grupo que poderán descargar no seguinte enlace: Pinchar aquí
Os cambios deberán estar motivados aportando documentación xustificativa do motivo do cambio, sempre que sexa posible.
Unha vez cuberto o impreso poderán entregalo na secretaría do centro (horario de 9:30 a 14h) ou envialo ao enderezo electrónico do centro (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal). Data límite de recepción de e-mails: luns 8 de xullo ás 14h.
Resolución dos cambios: Os listados definitivos (cos cambios concedidos no seu caso) publicaranse o mércores 10 de xullo a partir das 14h nesta mesma web.