Os alumnos que rematen o 6º curso de Grao Profesional cunha cualificación media de 8 no dito, cando menos, pode solicitar participar na proba de Premio de Fin de Grao.
Criterios xerais para a obtención do premio fin de grao e as matrículas de honra: Criterios para a obtención do PFG e MH
CALENDARIO DOS PREMIOS DE FIN DE GRAO 25-26
Podedes consultar información sobre as datas do proceso no seguinte enlace: enlace ao calendario
LISTADO DE OBRAS
No seguinte enlace poderedes consultar o listado definitivo de obras para o Premio de Fin de Grao: clicar aquí
LISTADO DE INSCRITOS
Podedes consultar o listado definitivo de inscritos no seguinte enlace: lista definitiva
TRIBUNAIS PREMIO DE FIN DE GRAO
Os recitais para o Premio de Fin de Grao realizaranse o venres 19 de xuño. Consultar os tribunais, coas horas exactas, no seguinte enlace: Ver aquí
INFORMACIÓN E CRITERIOS DE VALORACIÓN DA PROBA DO PREMIO DE FIN DE GRAO
O aspirante deberá interpretar un programa dunha duración mínima de 30 minutos. Das obras ou movementos interpretados unha é obrigada e outras serán elexidas entre un listado de obras de libre elección.
Tedes a información pormenorizada sobre a proba e os criterios mínimos de valoración no seguinte enlace: enlace a información e criterios
INSCRICIÓN AO PREMIO DE FIN DE GRAO
O prazo para solicitar participar no premio de Fin de Grao 25-26 é do 11 ao 15 de maio (ata as 14h).
Para realizar a inscrición debedes cubrir a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude: solicitude inscrición
- Autorización de gravación da proba: autorización gravación
Estos documentos debedes entregalos na secretaría do centro (en horario de mañá) ou ben envialos por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal).
