IV CONCURSO DE PIANO CMUS MANUEL QUIROGA
Desde o Departamento de Tecla do Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga” de Pontevedra convocamos o IV Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga, que terá lugar no noso conservatorio.
Poderán participar no concurso todos aqueles estudantes matriculados no presente curso nas escolas de música e conservatorios galegos.
O concurso desenvolverase nunha única fase no auditorio do Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra os días 3 e 4 de xuño de 2026.
CATEGORÍA A
Intérpretes ata 9 anos*. Proba única. Interpretación de memoria dun repertorio libre, que inclúa polo menos 2 obras de estilos ou períodos diferentes. (Duración máxima de 10 minutos). Aceptaranse movementos separados de sonatas, suites ou ciclos de pezas.
CATEGORÍA B
Intérpretes ata 11 anos*. Proba única. Interpretación de memoria dun repertorio libre, que inclúa polo menos 2 obras de estilos ou períodos diferentes. (Duración máxima de 10 minutos).
Aceptaranse movementos separados de sonatas, suites ou ciclos de pezas.
CATEGORÍA C
Intérpretes ata 14 anos*. Proba única. Interpretación de memoria dun repertorio libre, que inclúa polo menos 3 obras de estilos ou períodos diferentes. (Duración máxima de 15 minutos).
Aceptaranse movementos separados de sonatas, suites ou ciclos de pezas.
CATEGORÍA D
Intérpretes ata 18 anos*. Proba única. Interpretación de memoria dun repertorio libre, que inclúa polo menos 3 obras de estilos ou períodos diferentes. (Duración máxima de 20 minutos).
Aceptaranse movementos separados de sonatas, suites ou ciclos de pezas.
*Idade cumprida a día 31 de decembro de 2025.
INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse desde o 7 de abril ao 17 de abril de 2026, ambos inclusive, cumprimentando o boletín de inscrición dixital.
Deberanse achegar a Declaración de conformidade e a Autorización para o tratamento de imaxes, cumprimentadas e asinadas.
O día 15 de maio publicarase na páxina web do conservatorio a lista de participantes admitidos e os horarios para a realización do concurso en cada categoría.

[pdf] IV Concurso - Autorización para o tratamento de imaxes
[pdf] IV Concurso - Declaración de conformidade
[www] Formulario de inscrición (7-17 de abril de 2026)
Edicións anteriores
[www] III Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga (edición 2025)
[www] II Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga (edición 2024)
