Charla informativa: itinerarios e optativas 6ºGP

O vindeiro xoves 6 de xuño, ás 17:00 horas da tarde, terá lugar na Aula Polivalente unha charla informativa sobre as materias de itinerario e optativas que se ofertan no sexto curso de grao profesional.

Nesta sesión o profesorado presentará os aspectos xerais de cada materia (obxectivos, contidos, avaliación) e deseguido haberá unha quenda de preguntas para resolver as dúbidas que teñades.

Para máis información, podedes consultar na web as programacións didácticas das materias optativas do curso 2023/24, no apartado Alumnado > Programacións didácticas.