CALENDARIO DE SETEMBRO

Actividade no mes de setembro 2024

 

 

Calendario resumo de setembro:  enlace

 

 

Acto de acollemento do novo alumnado

 

Para dar a coñecer o funcionamento do centro ao alumnado de novo acceso e aos seus titores, realizarase unha exposición pública explicativa das características e normas de funcionamento do centro, así como dos aspectos xerais das ensinanzas regradas de música. Os asistentes poderán dirixir as preguntas que estimen.

O acto realizarase o mércores 6 de setembro, ás 20h no Auditorio do Conservatorio.

 

 

Presentacións

Normas xerais das presentacións

Podedes consultar as normas no seguinte enlace:  enlace ás normas

 

Presentacións de Grao Elemental

Para o grao elemental as presentacións serán o día 9 de setembro, ás 17 horas. Poderedes consultar información sobre as aulas en setembro.

 

Presentacións de Grao Profesional

Para o grao profesional as presentacións serán os días 9 e 10 de setembro, segundo calendario que publicaremos en setembro (Ver aquí resumo)

 

 

– As presentacións das materias colectivas non instrumentais, así como bandas, orquestras, coros e ensembles realizaranse na primeira clase ordinaria.

 

Nota Importante: Para a elección dos horarios seguiranse o criterios de prelación que se teñen aprobado e publicado. Podedes consultar dita información no seguinte enlace:  Pinchar aquí

 

 

 

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA ORDINARIA: LUNS, 11 de SETEMBRO