CALENDARIO DE EXAMES DE XUÑO (recuperacións)

Os exames de recuperación para o alumnado que teña materias pendentes se realizarán entre o 20 e o 25 de xuño .

 

Podedes consultar as datas e aulas de celebración dos distintos exames no seguinte enlace:   Calendario de exames

 

 

ENTREGA DE BOLETÍNS

–> Os boletíns de notas entregaranse o mércores 26 de xuño entre as 18h e as 19h.

*De 18:00 a 19:00 horas, todo o profesorado que participe na avaliación debe permanecer no centro para atender ao alumnado/familias que o necesiten.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

O prazo para as posibles reclamacións ás cualificacións finais será do 27 de xuño ao 3 de xullo (ás 14h). Cubrindo o formulario correspondente que podedes recoller na conserxería ou descargar a continuación:

Reclamación de Grao Elemental: Descargar aquí

Reclamación de Grao Profesional: Descargar aquí

 

MATRÍCULA (do 26 ao 28 de xuño)

A matrícula farase  por Centrosnet, seguindo as instrucións publicadas nesta web Consultar aquí e nos seguintes prazos:

GRAO ELEMENTAL: Dende a entrega de notas ata o 27 de xuño.

GRAO PROFESIONAL: Dende a entrega de notas ata o 28 de xuño.