O xoves 30 de outubro de 2025 estamos de Magosto no conservatorio, festa popular galega coa que celebramos a colleita da castaña. Por suposto, non faltarán as castañas... e a música!
Agardámosvos de 18:00 a 20:00 horas na contorna da cafetería e o hall do conservatorio.
Esta actividade está promovida polo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), xunto coa Cafetaría do centro, en colaboración coa Asociación de Profesionais e Pequenos Empresarios de A Parda.
