Traslado de matrícula

O prazo  para solicitar o traslado de matrícula será do 15 de maio ao 15 de xuño de 2024.

Para tramitar a solicitude teredes que enviar ao correo electrónico do centro (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal) a seguinte documentación:

– Solicitude de traslado / (en PDF)

– Fotocopia do DNI

– Documentación xustificativa do traslado (matrícula noutro centro, contrato laboral, certificado de empadroamento, …)

– Certificado académico de estudos do centro de procedencia.

 

A concesión do traslado dependerá da existencia de prazas vacantes na especialidade á que se opta. En todo caso, os traslados resolveranse previsiblemente a finais do mes de xuño.