INFORMACIÓN: PAGO FRACCIONADO
Só no caso de realizar o pago fraccionado deberán entregar tamén a seguinte documentación xunto coa taxa de pago no momento da matrícula:
- AUTORIZACIÓN DOMICILIACIÓN BANCARIA: Descargar impreso
- CERTIFICADO DE CÓDIGO DE CONTA BANCARIA onde queren domiciliar o pago do 2º prazo.
COMO REALIZAR O PAGO FRACCIONADO
Poderase fraccionar o pago de matrícula en dous prazos:
- 1º prazo: realizarase o pago no momento da matrícula e o importe será a suma dos “servizos xerais” e a “1ª inscrición” máis a metade do concepto de “matrícula curso completo”(en total: 81,50 € para grao elemental e 129€ para o grao profesional). Este pago farase seguindo o titorial ao que se fai referencia con anterioridade.
- 2º prazo: O importe será a metade do concepto “matrícula curso completo” (68,50 € para elemental e 116€ para profesional). O pagamento deste prazo será por domiciliación bancaria polo que é necesario entregar no momento da matrícula un código de conta bancaria e a autorización da domiciliación bancaria. O pago farase na dita conta durante o mes de xaneiro de 2026.
(*) Só se admiten domiciliacións nas entidades colaboradoras: Banco Santander, Banco Popular, Banco Sabadell, Caixa Geral Depositos, BBVA, Targobank, S.A., Banco Pastor, Evo Banco, S.A., Bankia, Abanca, Ibercaja, CaixaBank (La Caixa), Caixa Rural Galega, Caja Rural Zamora
INFORMACIÓN SOBRE AS TAXAS
LIQUIDACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS: Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG. 17/06/2013)
| GRAO ELEMENTAL | Taxa Normal | Familia Numerosa |
| Matrícula curso completo | 137,00 € | 68,50 € |
| Servicios xerais | 13,00 € | 6,50 € |
| Apertura de expediente académico | 22,00 € (só alumnos novos) | 11,00 € (só alumnos novos) |
| TOTAL | 172,00 € (alumnos novos) | 86,00 € (alumnos novos) |
| GRAO PROFESIONAL | Taxa Normal | Familia Numerosa |
| Matrícula curso completo | 232,00 € | 116,00 € |
| Servicios xerais | 13,00 € | 6,50 € |
| Apertura de expediente académico | 22,00 € (só alumnos novos) | 11,00 € (só alumnos novos) |
| TOTAL | 267,00 € (245,00 no caso de alumnos do centro) | 133,50 € (122,50 no caso de alumnos do centro) |
O importe da matrícula será a suma dos conceptos de curso completo, servicios xerais e ,no caso de apertura de expediente no centro, o de Inscripción por 1ª vez (só para o novo alumnado).
MODALIDADES DE MATRÍCULA GRATUITA OU BONIFICADA:
- Por beneficiario de familia numerosa: categoría xeral (50%de bonificación) ou categoría especial (gratuíta).
- Discapacidade (persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%)
- Vítimas de actos terroristas (así como cónxuxes e fillos).
- Vítimas de violencia de xénero (e os seus fillos).
Ademáis e só no caso do grao profesional:
- Alumnos funcionarios docentes (agás servizos xerais, inscrición por primeira vez e disciplinas soltas).
- Os beneficiarios de bolsas ou axudas ao estudo (terán que entregar o resgardo da solicitude no momento da matrícula).
