O Punto Laranxa é un espazo físico onde calquera persoa pode denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.
Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar e, ademais, dun pequeno espazo onde o centro será quen de incorporar información adicional relacionada con esta temática.
No noso centro este punto laranxa atópase colocado na parede de enfronte á entrada ao auditorio (ao lado da porta da cafetería).
