
Este curso a entrega de boletíns coas cualificacións finais será presencial e terá lugar o venres, 5 de xuño no seguinte horario:
- Grao Elemental: de 18 a 19h.
- Grao Profesional: de 19 a 20h.
Os alumnos deberán dirixirse á aula do seu profesor de instrumento para recoller o boletín. Tamén estarán á vosa disposición os profesores doutras materias para atender as consultas que poidan xurdir.
Podedes consultar as aulas nas que estarán cada un dos profesores no seguinte enlace: Ver aquí
PRAZO DE RECLAMACIÓNS
O prazo para as posibles reclamacións ás cualificacións finais será do 8 ao 12 de xuño (ás 14h). Cubrindo o formulario correspondente que podedes recoller na conserxería ou descargar a continuación:
Reclamación de Grao Elemental: Descargar aquí
Reclamación de Grao Profesional: Descargar aquí
