ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

 

Ao longo do mes de novembro, e por convocatoria das autoridades administrativas de educación, desenvolverase o procedemento para a renovación parcial do Consello Escolar deste centro.

O Consello Escolar é o órgano de xestión e representación do centro, e ten importantes atribucións de tipo administrativo e académico. Nel están representados todos os colectivos que integran a comunidade escolar: profesores, pais/nais/titores, alumnos e persoal de administración e servizos, así como a dirección do centro e o representante do concello.

O día 28 de outubro, constituíuse a Xunta Electoral, procedendo a aprobar o calendario electoral, a lista de prazas vacantes, os censos provisionais así como a composición das mesas electorais. Segundo isto, corresponde este ano 2024 a renovación por procedemento electoral de 4 postos de alumnos/as,  1 posto de pais/nais/titores, 5 postos de profesorado e 1 posto de persoal de administración e servizos.

 

O prazo para a presentación de candidaturas é entre o 5 e o 11 de novembro, ambos incluidos, mediante instancia que se pode recoller e presentar na conserxería ou na secretaría do centro.

 

As eleccións celebraranse entre os días 18 e 22 de novembro,  na mesa electoral que se habilitará ao efecto no vestíbulo do centro, nas datas establecidas no calendario para cada colectivo.

Dada a relevancia que o Consello Escolar ten no organigrama e bo funcionamento do centro, animámosvos a todos  a participar activamente nas votacións, ao obxecto de que cada colectivo se atope debidamente representado neste órgano.

 

Toda a información referida a este proceso atópase exposta no taboleiro situado no vestíbulo principal do centro, donde tamén poderedes consultar os censos provisionais (prazo de reclamación ao censo do 5 ao 10 de novembro).

 

CALENDARIO ELECTORAL: Consultar aquí

VACANTES CONSELLO ESCOLAR 2024: Ver aquí