CMQ / Sección bilingüe de Portugués: intercambio coa Academia de Música de Cantanhede (Portugal) (12/4/2025)

[12/4/2025] Alumnado e profesorado da sección bilingüe de Portugués participaron os días 11 e 12 de abril nun intercambio coa Academia de Música de Cantanhede (Coimbra, Portugal).

En Cantanhede foron recibidos polas autoridades locais e realizaron unha visita ao Museu da Pedra e ao Museu da Arte e do Coleccionismo.

O intercambio culminou o sábado 12 cun concerto no auditorio do Centro Paroquial de Cantanhede.


NA PRENSA:

PontevedraViva.com: Lazos musicales entre estudiantes de Pontevedra y Portugal (13/4/2025)