[12/4/2025] Alumnado e profesorado da sección bilingüe de Portugués participaron os días 11 e 12 de abril nun intercambio coa Academia de Música de Cantanhede (Coimbra, Portugal).
En Cantanhede foron recibidos polas autoridades locais e realizaron unha visita ao Museu da Pedra e ao Museu da Arte e do Coleccionismo.
O intercambio culminou o sábado 12 cun concerto no auditorio do Centro Paroquial de Cantanhede.
NA PRENSA:
PontevedraViva.com: Lazos musicales entre estudiantes de Pontevedra y Portugal (13/4/2025)

