CMQ / O CMUS Manuel Quiroga celebra o Día da Árbore (21/3/2024)

[21/3/2024] O CMUS Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra, centro pertencente á Rede de Escolas Galegas Asociadas á UNESCO, celebrou este xoves 21 de marzo a benvida á primavera, coa plantación de catro árbores nos xardíns do conservatorio: capudre, árbore do amor, pradairo e faia.

Deseguido, dúas alumnas, en representación do alumnado do centro, pronunciaron unhas palabras,  salientando que as árbores “crecerán e axudarán a lembrarnos do noso paso polo centro, e das nosas mellores vivencias musicais”.

Como broche final, o evento contou coa actuación dun coro de voces de alumnado de 3º de Grao Elemental, dirixido por Nanette Sánchez, que cantaron tres pezas populares: A raíz do toxo verde Tres hojitas madre e Cucú.

Capudre

Árbore do Amor

Pradairo

Faia

Día da Árbore no CMUS Manuel Quiroga

Actuación do alumnado de 3º Grao Elemental

 

Vídeos: proximamente