Axenda de curso

De MARZO a XULLO, e SETEMBRO DE 2024

 

Xornadas de Portas Abertas

-Do 22 ao 26 de abril en horario de tarde

 

Probas de acceso ao primeiro curso (Elemental e Profesional)

-Publicación de criterios: finais do mes de marzo

-Publicación de vacantes: 12 de abril

-Preinscripción ás probas: do 15 de abril ao 3 de maio (online)

-Probas de acceso:

1º Grao Elemental: 12 e 13 de xuño

1º Grao Profesional: 7, 10 e 11 de xuño

 

 

Probas de acceso a outros cursos, agás primeiro curso (de 2º a 6º)

-Preinscripción e solicitude de praza: do 15 de abril ao 3 de maio

-Probas de acceso: entre o 14 e o 19 de xuño

 

Traslados de matrícula

-Envio de solicitudes de traslado: do 15 de maio ao 15 de xuño.

-Unha vez tratadas nos órganos pertinentes, se resolverán as solicitudes de matrícula viva no Consello Escolar que terá lugar a finais de xuño, e se procederá a avisar ao alumnado que obtivese praza.

 

Avaliación final (convocatoria ordinaria)

-Fin da actividade lectiva: luns 3 de xuño

-Entrega de cualificacións: día 6.

-Matrícula:  (mediante Centrosnet) entre o 7 e 21 de xuño, segundo datas que se publicarán nesta web

*Alumnado de 6º de grao profesional e  de 2º de Bacharelato: avaliación e notas o 13 de maio

 

 

Alumnado con materias pendentes (convocatorio extraordinaria)

-Exames extraordinarios (recuperacións): entre o 20 e o 25 de xuño, segundo o calendario que sairá publicado na web.

–Entrega de cualificacións: día 26

-Matrícula: entre o 26 e o 28 de xuño (mediante Centrosnet)

 

 

Publicación das listas e horarios provisionais

Día 4 de xullo, a partir das 14 horas.

-Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, itinerarios e optativas (6º).  Prazo para peticións de cambio de grupo: desde o momento da publicación, ata as 14 horas do día 8. As peticións de cambio de grupo deberán presentarse segundo instancia modelo que se poderá descargar na web do centro, aportando as xustificacións e documentación que proceda.

– Publicación das agrupacións (bandas, orquestras, coros, ensembles,…). Ábrese o prazo de peticións de cambios ata as 14 horas do día 8.

 

Publicación das listas e horarios definitiva

Día 10 de xullo, a partir das 14 horas.

– Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, itinerarios e optativas (6º curso).

– Publicación dos grupos definitivos de banda, orquestra, coros e ensembles.

 

 

Día 6 de setembro, a partir das 15 horas.

– Publicación da distribución do alumnado nas materias instrumentais individuais.

– Publicación dos cadros de dispoñibilidade do profesorado nas materias instrumentais individuais.

– Publicación dos grupos definitivos de conxunto e música de cámara.

 

 

PRESENTACIÓNS: días 9 e 10 de setembro (Ver aquí resumo)

 

 

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA: día 11 de setembro