Obxectivo
A páxina web do CMUS Profesional Manuel Quiroga conservatoriomanuelquiroga.gal ten como obxectivo ofrecer á comunidade educativa e, en xeral, aos usuarios de internet que a visiten, información de carácter académico e institucional, así como promocionar e difundir as actividades organizadas polo centro cun fin informativo, educativo e sen ánimo de lucro.
O CMUS Profesional Manuel Quiroga é un centro educativo de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O CMUS Profesional Manuel Quiroga, con CIF/NIF Q8655616D, ten o seu domicilio na Avda. Virxinia Pereira Renda, 4, Pontevedra, teléfono 886151545 e correo electrónico cmus.pontevedra@edu.xunta.gal.
Propiedade intelectual
O material publicado na páxina web está protexido polos dereitos de autor, sendo propiedade do/s seu/s correspondente/s autor/es.
Queda prohibida a difusión total ou parcial do material publicado na páxina web do Conservatorio noutros medios que non sexan as canles oficiais de comunicación do Conservatorio sen a correspondente autorización.
Enténdese por canle oficial, ademais da páxina web do Conservatorio, aquelas páxinas ou servizos ofrecidos por terceiros para a difusión de contidos audiovisuais, sonoros, gráficos e/ou textuais nos que o Conservatorio se rexistrou. O usuario terá acceso ás devanditas canles dende a web do CMUS. Son canles oficiais as direccións facebook.com/cmusmquiroga, twitter.com/cmusmquiroga, instagram.com/cmusmanuelquiroga e youtube.com/channel/UCCOWEqzml9lxygYexDj1HRg
Sobre a publicación de imaxes
A publicación de fotografías e vídeos na páxina web conservatoriomanuelquiroga.gal ten unha finalidade informativa, educativa e non comercial.
A publicación destes materiais realízase co consentimento por escrito dos titores legais dos alumnos menores de idade, efectuado no momento da Matrícula. Este consentimento pode ser retirado en calquera momento previa comunicación por escrito ao Conservatorio.
Exención de responsabilidade
O Conservatorio non garantiza a inexistencia de erros no acceso á páxina web ou no seu contido. A información publicada ten carácter ilustrativo e non orixinará dereitos nin expectativas de dereitos.
O Conservatorio pode realizar modificacións ou actualizacións sen previo aviso.
O Conservatorio declina toda responsabilidade sobre os contidos enlazados a páxinas web externas así como sobre a información ou material proporcionado por terceiros.
O Conservatorio non se responsabiliza das opinións expresadas na páxina web, redes sociais e outros foros da rede internet.
Aloxamento
A páxina web conservatoriomanuelquiroga.gal está aloxada nun servidor externo, responsable de garantir o correcto funcionamento da mesma.
Administración
A páxina web está a ser administrada polo Conservatorio, sendo actualizada por Secretaría e Coordinación TIC.
As webs e/ou blogs dos departamentos, materias e/ou proxectos aloxados no dominio conservatoriomanuelquiroga.gal son xestionados polo/s profesor/es ou responsable/s correspondente/s.
Cláusula final
O Conservatorio non se fai responsable do uso que o usuario poida efectuar dos contidos publicados na páxina web.
Enténdese que o usuario que visita a páxina web acepta os presentes termos e condicións na súa totalidade.
[Actualizado o 17/5/2021]