Poden consultar un calendario resumido do proceso no seguinte enlace (actualizado o 20 de maio): enlace ao calendario
RESULTADOS DAS PROBAS DE ACCESO
ACCESO A 2º CURSO DE GRAO ELEMENTAL
Poden consultar os resultados da proba de acceso a 2ºGE (frauta de bico, guitarra e piano) no seguinte enlace: Resultados 2º Grao Elemental
* Os alumnos que se atopen en lista de espera (L.E.) poden ser chamados ao longo do mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS: O prazo de reclamacións a esta proba de acceso é do 17 ao 23 de xuño. Pode presentar reclamación entregando na secretaría (ou enviando por correo electrónico: cmus.pontevedra@ edu.xunta.gal) o seguinte impreso cuberto: impreso de reclamación
MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO (2ºGE)
O prazo para a matrícula do alumnado admitido é o 24 de xuño. A información do proceso de matrícula enviaráselle ao correo electrónico de contacto. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa secretaría do centro (por teléfono, en horario de mañá: 886151547 ou 886151546, ou en cmus.pontevedra@edu.xunta.gal)
ACCESO A 4º CURSO DE GRAO PROFESIONAL (CLARINETE)
Poden consultar os resultados da proba de acceso a 4ºGP no seguinte enlace: Resultados clarinete
PRAZO DE RECLAMACIÓNS: O prazo de reclamacións a esta proba de acceso é do 16 ao 20 de xuño. Pode presentar reclamación entregando na secretaría (ou enviando por correo electrónico: cmus.pontevedra@ edu.xunta.gal) o seguinte impreso cuberto: impreso de reclamación
TRIBUNAIS DAS PROBAS DE ACCESO
No seguinte enlace poden consultar os tribunais e os inscritos para cada proba: enlace
IMPORTANTE: Os/As aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.
*Aqueles aspirantes inscritos para a proba de acceso a 2º curso de Grao Elemental (Piano) poderán realizar ensaios no piano do centro o venres 13 de xuño. Para iso poderán anotarse previamente na conserxería do centro (tfno: 886151545).
CRITERIOS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS
Nos seguintes enlaces poderán consultar, de forma resumida, a información sobre os criterios de avaliación e cualificación de cada caso:
Acceso ao 2º curso de Grao Elemental de Piano: clicar aquí
Acceso ao 2º curso de Grao Elemental de Frauta de Bico: clicar aquí
Acceso ao 2º curso de Grao Elemental de Guitarra: clicar aquí
Acceso ao 3º curso de Grao Elemental de Violín: clicar aquí
Acceso ao 4º curso de Grao Profesional de Clarinete: clicar aquí
Poden consultar a información máis detalla nas distintas programacións didácticas publicadas nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/
PRAZAS OFERTADAS
Poden consultar as prazas ofertadas no seguinte enlace: enlace ao listado de prazas
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS DE GRAO ELEMENTAL (2º – 4º curso)
O acceso ao grao elemental está limitado a rapaces de entre 8 e 14 anos cumpridos ou a cumprir no ano natural.
O acceso a cursos distintos de primeiro será a partir dunha proba que constará de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:
- Interpretación, no instrumento da especialidade á que se opte, de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
- Exercicio teórico-práctico para avaliar os coñecementos de linguaxe musical.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 1 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 60%
- Proba de linguaxe musical: 40%
Os contidos, criterios de avaliación así como os listados orientativos das obras poden consultarse nas programacións didácticas dos distintos departamentos que se atopan nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/
As probas realizaranse entre o 13 e o 19 de xuño de 2025 e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.
Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.
IMPORTANTE
O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.
ACLARACIÓNS:
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.
PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS DE GRAO PROFESIONAL (2º – 6º curso)
Estas probas estrutúranse en dúas partes:
- Proba de carácter práctico que avalía a interpretación instrumental.
- Proba que avalía os coñecementos teóricos e prácticos tendo en conta a distribución das materias correspondentes a cada especialidade instrumental nos diferentes cursos do grao profesional.
Cada un dos exercicios cualificaranse de 0 a 10 e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para superar cada un. A puntuación definitiva da proba será unha media ponderada do seguinte xeito:
- Proba de interpretación instrumental: 70%
- Proba teórico-práctica: 30%
As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado será unha cualificación numérica de 0 a 10. A puntuación final media, así calculada, será como mínimo de 5 puntos para poder superar a proba.
De ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na proba de interpretación do instrumento.
Os contidos, criterios de avaliación así como os listados orientativos das obras poden consultarse nas programacións didácticas dos distintos departamentos que se atopan nesta web: https://conservatoriomanuelquiroga.gal/web/programacions/
As probas realizaranse entre o 13 e o 19 de xuño de 2025 e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.
Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.
IMPORTANTE
O aspirante deberá presentarse co seu DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade e as partituras orixinais das obras que interprete, no horario no que estea convocado.
ACLARACIÓNS:
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: No caso de que a obra a interpretar requira acompañamento, éste deberá ser aportado polo aspirante.
PARTITURAS: Será necesario traer os orixinais.
SOLICITUDE DE PROBA DE ACCESO
O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL SERÁ do 7 ao 30 de abril de 2025.
De ser o caso, as probas realizaríanse entre o 13 e o 19 de xuño de 2025.
*Son probas extraordinarias e non saen prazas ofertadas en todos os instrumentos.
PASOS PARA SOLICITAR PRAZAS PARA AS PROBAS:
1) Acceder ao enlace que estará dispoñible aquí a partir do 7 de abril.
2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.
3) Imprimir ou descargar o resgardo de preisncrición e envialo ao enderezo cmus.pontevedra@edu.xunta.gal, ou entregalo presencialmente na secretaría do centro (de 9 a 14 horas) antes das 14 horas do mércores 30 de abril
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
PASOS PARA MATRICULARSE PARA AS PROBAS DE ACCESO:
No caso se que se ofertara a vacante solicitada, e siga interesado en presentarse á proba, deberá formalizar a matrícula para a proba de acceso do 12 ao 19 de maio ás 14h. A matrícula pode facerse presencialmente na secretaría (en horario de mañá) ou por correo electrónico (no cmus.pontevedra@edu.xunta.gal). A documentación que hai que entregar é a seguinte:
Se solicitou para a proba a Grao Elemental:
- Copia do DNI do alumno
- Autorización para a gravación da proba asinada polo pai/nai/titor (achégase modelo no seguinte enlace: enlace á autorización )
Poden envialo por mail (no cmus.pontevedra@edu.xuntal.gal). No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
Se solicitou para a proba a Grao Profesional:
- Copia do DNI do alumno
- Autorización para a gravación da proba asinada polo pai/nai/titor (achégase modelo no seguinte enlace: enlace á autorización )
- Xustificante de pagamento de dereitos de exame. Achegamos un titorial de como realizar o pago: Acceso profesional
Poden envialo por mail (no cmus.pontevedra@edu.xuntal.gal). No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.