Acceso a 1º grao profesional

 

Prazos e datas de interese no procedemento de ACCESO AO GRAO PROFESIONAL:

 

 

Información xeral sobre o grao profesional: Ver aquí

 

Calendario do procedemento de acceso: Consultar aquí

 

OFERTA DE PRAZAS

Poderedes consultar a oferta de prazas por cada instrumento, no seguinte enlace: Prazas ofertadas

 

 

CRITERIOS E INFORMACIÓN sobre a realización das probas

Podedes consultar a información actualizada para as probas de acceso para o curso 2025-2026 nose seguintes enlaces:

Criterios da proba de linguaxe musical

Criterios da proba instrumental

 

 

*Ver aquí un exemplo de cada unha das partes do exame da parte de linguaxe musical (na proba, as partes de ritmo, entoación e teoría constarán de máis exercicios de dificultade similar) 

 

* De acordo ao artigo 9 da Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música (que podedes consultar no seguinte enlace) os alumnos deberán presentase a cada exercicio provistos do DNI (ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade), así como das partituras orixinais para a súa interpretación perante o tribunal. No caso de que a obra a interpretar requira a participación dalgún tipo de acompañamento musical, ben sexa pianístico ou de música de cámara, este correrá a cargo do aspirante á proba.

 

 

IMPORTANTE: Todas as probas de acceso, a excepción do ingreso a 1º G.E., serán gravadas, polo que será necesario entregar xunto co formulario de inscrición o seguinte consentimento: Ver impreso aquí

 

 

INSCRICIÓN

O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Profesionais de Música será do 7 ao 30 de abril de 2025.

A inscrición realizarase de xeito online. Pero ningunha inscrición será válida ata que sexa enviada ou entregada na secretaría do centro xunto coa documentación requerida dentro do prazo (ata o 30 de abril ás 14 horas).

*A documentación será enviada por correo electrónico ou entregada presencialmente na secretaría ( de 9 a 14 horas) dentro do prazo establecido (ata o 30 de abril ás 14 horas). 

 

PASOS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE 1º:

1) Acceder ao enlace de inscrición: este enlace estará dispoñible aquí a partir do 7 de abril.

2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.

3) Imprimir ou descargar o resgardo de inscrición.

4) Cubrir e asinar a autorización para a gravación de imaxes:  Ver impreso aquí

5) Facer o pago das taxas correspondentes, seguindo o seguinte titorial:  Acceso profesional

6)  Enviar toda a documentación, xunto cunha copia do DNI do alumno, antes das 14 horas do 30 de abril, ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante. Tamén se poderá entregar presencialmente na secretaría do centro en horario de 9 a 14 horas.

 

Resumo da documentación a achegar:

-Copia da solicitude

-Copia do DNI

-Resgardo das taxas, só no caso do grao profesional (xunto con calquera documentación que xustifique a exención das taxas no seu caso)

– Autorización para a gravación de imaxes.

 

Calquera petición ou información que se considere relevante (xustificada documentalmente), deberá entregarse a través da seguinte instancia (enlace á instancia) ,xunto co formulario de matrícula

 

 

DATAS DAS PROBAS: TRIBUNAIS

As probas de acceso ao 1º curso do Grao Profesional realizaranse previsiblemente entre o 6 e o 11 de xuño.

Os tribunais, coas datas e horarios exactos das probas, publicaranse o 16 de maio neste mesmo apartado.

 

IMPORTANTE:  Os/as aspirantes deberán presentarse en chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI ou documento fidedigno de identificación.