RESULTADO DAS PROBAS DE ACCESO A 1ºGE
Poderedes consultar as notas das probas de acceso a 1º curso de Grao Elemental no seguinte enlace: enlace aos resultados
PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: do 13 ao 19 de xuño (ás 14h) , segundo o seguinte modelo (ver aquí)
ALUMNOS EN LISTA DE ESPERA (L.E.): Os alumnos que se atopen en L.E. poderán ser chamados durante o mes de xuño no caso de que queden prazas vacantes no seu instrumento.
VACANTES DE 2º OPCIÓN: No caso de non resulte chamado pola súa lista de espera poderá optar ás prazas vacantes que resten noutras especialidades. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara na proba de acceso.
Esta elección realizarase nun acto no auditorio de Conservatorio. Dito acto terá lugar o luns 30 de xuño ás 20h. Podedes consultar máis información no seguinte enlace: Información vacantes 2ª opción
MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO (1º elemental)
Os alumnos que superaran a proba de acceso e obtiveran praza poderán facer efectiva a matrícula, entre o 20 e o 23 de xuño, seguindo os seguintes pasos:
1º.- Leer estas instrucións: INSTRUCIÓNS
2º.- Cubrir o seguinte impreso de matrícula: IMPRESO
2º.- Cubrir e asinar a autorización de uso de imaxes: Autorización
3º.- Realizar o pago. Seguindo os pasos que se mostran no seguinte titorial: TITORIAL
(só no caso de fraccionar o pago da matrícula, deberedes tamén cumprimentar este outro impreso: impreso_2ºprazo)
4º.- Entregar a documentación, preferentemente por correo electrónico (cmus.pontevedra@edu.xunta.gal), poñendo no asunto “Matrícula: nome do alumno” ou presencialmente na secretaría do centro entre as 9 e as 14h.
5º.- Cumprimentar enquisa de horarios. Para a elaboración de horarios é importante que cumprimentedes unha enquisa sobre o horarios que cursen no colexio ou IES no seguinte enlace: Enquisa Horarios Elemental (Pinchar aquí)
Podedes consultar INFORMACIÓN XERAL sobre o 1º curso de GRAO ELEMENTAL no seguinte enlace: INFORMACIÓN
Prazos e datas de interese:
Información xeral sobre o grao elemental: Ver aquí
Calendario do procedemento de acceso (actualizado o 20 de maio): consultar aquí
OFERTA DE PRAZAS e NÚMERO DE INSCRITOS
Unha vez acabado o prazo de inscrición, podedes consultar o número de prazas e o número de inscritos por cada especialidade no seguinte enlace: Táboa de prazas e inscritos
TRIBUNAIS E LISTA DE INSCRITOS
As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental realizaranse o 11 e o 12 de xuño. Poden consultar o listado de aspirantes inscritos clicando no seguinte enlace: lista de inscritos
A información relativa aos tribunais están no seguinte enlace: Tribunais de Grao Elemental
IMPORTANTE: Os alumnos deberán presentarse uns minutos antes da proba xa que se fai un chamamento único na data e hora correspondente a cada un dos tribunais e deberán levar o DNI (ou documento fidedigno de identificación).
CRITERIOS E INFORMACIÓN sobre a realización das probas
Podedes consultar a información sobre a proba a realizar para o acceso ao 1º curso de Grao Elemental actualizada para o curso 2025-2026 no seguinte enlace: Información sobre a proba
INSCRICIÓN ÁS PROBAS
O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Elementais e Profesionais de Música será do 7 ao 30 de abril de 2025.
A inscrición realizarase de xeito online (seguindo os pasos detallados no seguinte apartado). Pero ningunha inscrición será válida ata que sexa enviada á secretaría do centro xunto coa documentación requerida dentro do prazo (ata o 30 de abril ás 14 horas).
*A documentación será enviada por correo electrónico ao seguinte enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal, ou entregada presencialmente na secretaría (de 9 a 14h), dentro do prazo establecido (ata o 30 de abril ás 14 horas).
PASOS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE 1º:
1) Acceder ao enlace de inscrición: estará dispoñible aquí a partir do 7 de abril
2) Encher a folla de inscrición cos datos requeridos.
3) Imprimir ou descargar o resgardo de preinscrición e envialo, xunto co resto de documentación, antes das 14 horas do 30 de abril ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal
No asunto da mensaxe debedes facer constar a palaba “Acceso” e o nome do aspirante.
Tamén poderá entregarse presencialmente na secretaría do centro (horario: de 9 a 14h)
A documentación a enviar é a seguinte:
-Copia da solicitude
-Copia do DNI
Calquera petición ou información que se considere relevante (xustificada documentalmente), deberá entregarse a través da seguinte instancia ( enlace á instancia) ,xunto co formulario de matrícula