Concurso de Solistas 2027 · Banda de Pontevedra

· 25/11/2026 > Aberto o prazo de inscrición para participar no Concurso de Solistas 2027 da Banda de Pontevedra. O prazo remata o 4 de decembro de 2026.

Consulta nesta páxina web toda a información sobre o concurso: bases da convocatoria, datas de interese, inscrición, documentación e formulario.


CONCURSO DE SOLISTAS 2027 · BANDA DE PONTEVEDRA

O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga e a Banda de Música de Pontevedra convocan unha nova edición do Concurso de Solistas, dirixido ao alumnado de 5ºGP e 6ºGP das especialidades instrumentais de vento madeira, vento metal e percusión.

Esta iniciativa ten como finalidade promover o talento musical do alumnado e ofrecerlle a oportunidade de actuar como solista coa Banda de Música de Pontevedra, contribuíndo ao seu desenvolvemento artístico e á adquisición de experiencias interpretativas de especial valor formativo.

Datas de interese

Prazo de inscrición: desde a publicación da convocatoria ata o 4 de decembro de 2026, inclusive.

Concurso: 3 de febreiro de 2027, no auditorio do conservatorio.

Concerto coa Banda: 22 de maio de 2027.

Inscrición

O alumnado interesado deberá consultar as bases da convocatoria, cubrir o formulario de inscrición e achegar a partitura da obra presentada, incluída a parte de acompañamento de piano, así como o modelo de aval do profesorado titor debidamente cuberto e asinado. Ambos os documentos deberán presentarse en formato PDF.

Documentación e formulario