CMQ / Viaxe do alumnado de 4ºGE a Madrid: musical O Rei León e visita cultural (15-16/11/2026)

[17/11/2026] Un grupo de alumnas e alumnos de 4º de Grao Elemental, acompañados polas profesoras Iria Portas e Nanette Sánchez, viaxou a Madrid os días 15 e 16 de novembro para asistir á representación do musical O Rei León e realizar unha visita cultural pola cidade.

A viaxe comezou o domingo 15 pola mañán con saída en tren dende Pontevedra destino Madrid. Logo da comida, pola tarde, fixeron un percorrido polo centro da cidade, visitando lugares como a Praza Maior, a Praza de España e a contorna do Palacio Real. E ás 20:00 asistiron ao musical O Rei León, que se representa no Teatro Lope de Vega da Gran Vía de Madrid.

O luns 16 pola mañá visitaron a Galería das Coleccións Reais, Templo de Debod e realizaron un paseo pola cidade, como remate da visita cultural a Madrid antes do regreso a Pontevedra.

A actividade, organizada polo Departamento de Linguaxe Musical, foi unha oportunidade para gozar da música e das artes escénicas, coñecer o patrimonio cultural e compartir experiencias fóra das aulas.

Fotos: cedidas