CMQ / Acto de Graduación 2026 (15/5/2026)

[15/5/2026] O Conservatorio celebrou, no Auditorio do Pazo da Cultura, o acto de Graduación do alumnado de sexto curso de grao profesional.

O Coro II, que dirixe Nanette Sánchez, interpretou A million dreams de Benj Pasek e Justin Paul (arr. M. Huff), e A circle of life, de E. John e Lebo M. (arr. B. Cohn), con Miguel Fontenla ao piano.

Foto: cedida -plano xeral da actuación do Coro II-

O grupo de jazz, dirixido por Pablo Estellés, interpretou Armando's Rhumba de Chick Corea e Now's the Time, de Charlie Parker.

Foto: cedida -plano xeral da actuación do grupo de jazz-

De seguido, tivo lugar a entrega de orlas ao alumnado de sexto de grao profesional.

Foto: cedida -plano xeral da entrega de orlas-

A Orquestra II, que dirixe Francisco Mora, interpretou Capricho Español de Nikolái Rimski-Kórsakov.

Foto: cedida -plano xeral da actuación da Orquestra II-

Por último, a Banda II, dirixida por Jose Pérez, interpretou Rock Symphonie, de Manfred Schneider.

Foto: cedida -plano xeral da actuación da Banda II-

Para calquera información, suxestión, comentario ou rectificación relacionada con esta publicación contacta con tic.cmus.pontevedra[arroba]edu.xunta.gal