CMQ / Audición: Sección bilingüe Inglés (14/4/2026)

[14/4/2026] O conservatorio acolleu unha audición protagonizada pola sección bilingüe de inglés, que coordina o profesor Sergio Heredia, unha actividade que combinou música e aprendizaxe lingüística.

Cada alumno/a participante presentou a súa actuación en lingua inglesa e deseguido interpretou a peza, desenvolvendo deste xeito habilidades lingüísticas e musicais por medio de repertorio de diversas épocas, estilos e compositores.

Fotos: cedidas