Con motivo da celebración do 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, o CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra colabora na actividade de lectura pública de textos de Cantares gallegos e Follas novas organizada polo Concello para esta xornada ás 19:00 horas da tarde na Fundación Manuel Moldes. Un quinteto de profesores do centro colaborará neste evento coa interpretación da suite de Gaos.
Nesta actividade tamén colabora a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A autora Alicia Fernández Rodríguez lerá o manifesto da AELG redactado por Eva Veiga conectando co lema escollido pola RAG para o ano 2026 “Mais eles tamén perdidos”, un verso da obra Follas Novas de Rosalía de Castro.
Trátase dun acto aberto á cidadanía e as persoas que o desexen poden anotarse para participar na lectura pública na seguinte ligazón.
Máis información: https://apuntate.pontevedra.gal/dia-de-rosalia/

Cartel deseñado pola ilustradora Belén Diz
