[ Soprando ventos históricos: charla/demostración con Oli Xiráldez, David Garrido e Cándido Lorenzo]
Instrumentos de vento na música antiga
O luthier redondelán afincado en Teo (A Coruña) Oli Xiráldez mostraranos nesta charla o seu traballo de investigación e reproducción de réplicas de instrumentos antigos da familia de vento madeira, como os traversos, as chirimías ou os óboes barrocos. Contará neste caso coa colaboración dos profesores David Garrido e Cándido Lorenzo, que farán soar algúns destes instrumentos. A charla é aberta a toda a comunidade educativa do CMUS Manuel Quiroga.
> Luns, 9 de febreiro de 2026
· 19:30 horas
· Auditorio do CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

