Prazas vacantes de 1º Grao Elemental: 2ª opción

 

O alumnado que non acadara praza na especialidade pola que tivera optado, e non resultase chamado pola lista de agarda, poderá optar ás prazas vacantes noutras especialidades.  A adxudicación destas vacantes farase segundo a puntuación acadada na proba de acceso. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda.

O acto de elección terá lugar o luns 30 de xuño de 2025, ás 20 horas no auditorio do centro.

 

Poderedes consultar a orde da lista de agarda nesta mesma páxina uns días antes do acto.

 

 

LISTADO DE VACANTES OFERTADAS Xuño 2025

Podedes consultar as vacantes ofertadas por cada especialidade na seguinte  Táboa de prazas ofertadas  

 

MATRÍCULA

Os admitidos deberán matricularse o martes 1 de xullo  seguindo os pasos para a matrícula de 1º de Elemental