MATRICULA 2026/2027: ordinaria

Para o alumnado matriculado no curso 2025/2026

Como en anos anteriores, vamos a realizar a matrícula de xeito telemático.

Entón, para confirmar a matrícula para o vindeiro curso tan só teredes que formalizar o pago e enviar o resgardo ao centro mediante Centrosnet e nos prazos establecidos para cada grao. Non teredes que pasar polo conservatorio nin a recoller o sobre nin a entregar ningunha documentación. Estas instrucións do procedemento de matrícula están tamén en Centrosnet.

 

OLLO! A aplicación non permite adxuntar arquivos na mensaxe polo que teredes que facelo entrando no enlace da nosa web: www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php

 

PRAZOS DE MATRÍCULA ORDINARIA PARA O CURSO 2026/2027:

 

– O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES FARÁ A MATRÍCULA EN XUÑO DESPOIS DOS EXAMES DE RECUPERACIÓN, que serán entre o 22 e o 26 de xuño segundo o calendario que se publicará nesta web.

 

– O ALUMNADO CON TODAS AS MATERIAS SUPERADAS FARÁ A MATRÍCULA EN XUÑO DESPOIS da entrega de notas, entre o 9 e o 17 de xuño, segundo os prazos para cada grao:

             GRAO ELEMENTAL: Do 9 ao 11 de xuño.

             GRAO PROFESIONAL: Do 12 ao 17 de xuño 

Información sobre as taxas de matrícula, as exencións e o pago fraccionado no seguinte enlace: Consultar aquí

 

GRAO ELEMENTAL: de 2º a 4º curso, do 9 ao 11 de xuño. Titorial de pago (pinchar aquí)

Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que seguir os seguintes pasos:
       1. Entrar en Centrosnet
       2. Ir a General
       3. Entrar en Mensajes, noticias y archivos
       4. Clicar en Enviar mensaje. Eleximos Secretaría e pichamos en Archivo. Buscamos o documento e damoslle a Subir e despois a Cerrar.
       5. En Asunto poñeremos: apelidos e nome do alumno/a e o curso.
       6. No corpo de mensaxe poderedes indicar os cambios nos datos persoais (teléfono, email, …), no caso de habelos.
       7. Darlle a Enviar. Recibiredes confirmación unha vez tramitada a matrícula.

–>IMPORTANTE: co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte ENQUISA antes do 11 de xuño: Enquisa Horarios Elemental (Pinchar aquí)
Os horarios provisionais das clases de grupo sairán publicados previsiblemente entre o 3 e o 7 de xullo. Permanecede atentos á esta web.

OLLO! A aplicación non permite adxuntar arquivos na mensaxe polo que teredes que facelo entrando no enlace da nosa web: www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php

 

 

 

 

GRAO PROFESIONAL: 2º a 6º curso, do 12 ao 17 xuño. Titorial do pago (ver aquí)

Para enviar a taxa e/ou confirmar a matrícula, teredes que entrar en Centrosnet e enviarnos unha mensaxe na que adxuntedes o resgardo da taxa. Se sodes solicitantes de bolsa teredes que enviar resgardo da solicitude. 

OLLO! A aplicación non permite adxuntar arquivos na mensaxe polo que teredes que facelo entrando no enlace da nosa web: www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php

–> IMPORTANTE:  co fin de recoller información para elaborar os horarios, precisamos que cubrades a seguinte ENQUISA antes do 17 de xuño: Enquisa Horarios Profesional (pinchar aquí)

Os horarios provisionais das clases de grupo (teóricas) sairán publicados previsiblemente entre o 3 e o 7 de xullo. Permanecede atentos á esta web.

 

*SEXTO CURSO:Os alumnos terán que elexir un itinerario e unha optativa. Consultar Listado de Itinerarios e OptativasResume dos itinerariosResume das Optativas

 

*Podes consultar os materias que se imparten nos distintos cursos segundo o instrumento na páxina web :Plans de estudos

 

Se tedes dúbidas sobre a matrícula enviade un email ao enderezo: cmus.pontevedra@edu.xunta.gal ou chamade ao teléfono 886151546 (de 9 a 14 horas).