Actividade no mes de setembro 2026
Calendario resumo de setembro: enlace
Acto de acollemento do novo alumnado
Para dar a coñecer o funcionamento do centro ao alumnado de novo acceso e aos seus titores, realizarase unha exposición pública explicativa das características e normas de funcionamento do centro, así como dos aspectos xerais das ensinanzas regradas de música. Os asistentes poderán dirixir as preguntas que estimen.
O acto realizarase o xoves 10 de setembro, ás 20h no Auditorio do Conservatorio.
Presentacións
Presentacións de Grao Elemental
Para o grao elemental as presentacións serán o luns 14 de setembro ás 17h. Podedes consultar toda a información sobre as aulas no seguinte enlace: Presentacións de grao elemental
As presentacións faranse seguindo unhas normas que podedes consultar a continuación: enlace ás normas das presentacións
Presentacións de Grao Profesional
Para o grao profesional as presentacións serán os días 11 e 15 de setembro, segundo o calendario que poderedes consultar no seguinte enlace: Presentacións de grao profesional
As presentacións faranse seguindo unhas normas que podedes consultar a continuación: enlace ás normas das presentacións
– As presentacións das materias colectivas non instrumentais, así como bandas, orquestras, coros e ensembles realizaranse na primeira clase ordinaria.
INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA ORDINARIA: MÉRCORES, 16 de SETEMBRO
