O Departamento de Alemán da EOI de Pontevedra convida á Sección Biligüe de Alemán do CMUS Manuel Quiroga a unha tarde cultural, Kulturabend, o martes 19 de marzo dende as 18:30 horas con motivo da Pascua.
Realizarase un obradoiro de decoración de ovos (técnica libre) que exporán no andar central da EOI (planta baixa) e tamén farán en directo a receita do Kaiserschmarrn que degustaremos para pechar a xornada.