13/3/2024 | O Coro Infantil, no Salón do Libro de Pontevedra

O Coro Infantil do CMUS Manuel Quiroga (Dir. Nanette Sánchez) actuará xunto co Coro Luis García Limeses (Dir. Reyes Carballo) o vindeiro mércores 13 de marzo  ás 19:00 horas no Salón do Libro de Pontevedra que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra. Contaremos co acompañamento ao piano de Raúl Rodríguez, ex alumno do centro.