Convocatorias Erasmus+

📢 Convocatoria aberta – Profesorado Erasmus+ KA122-VET

No marco do proxecto Erasmus+ KA122-VET, o CMUS Profesional de Música Manuel Quiroga abre convocatoria para a selección de profesorado participante en mobilidades de aprendizaxe por observación (job-shadowing) en institucións europeas.

🗓️ Prazo de presentación de solicitudes:
Do 2 de febreiro de 2026 ao 16 de febreiro de 2026 (15 días naturais)

📄 A convocatoria establece os criterios de selección, o procedemento e o calendario completo do proceso.


Resolución


📝 Formulario de solicitude

O formulario debe cubrirse en liña, sen necesidade de descargar nin enviar documentación por correo electrónico.
Unha vez enviada a solicitude, a persoa participante recibirá confirmación do rexistro.

⬇️ Formulario de solicitude ⬇️

Solicitude de participación - Proxecto Erasmus+ KA122-VET