📢 Convocatoria aberta – Profesorado Erasmus+ KA122-VET
No marco do proxecto Erasmus+ KA122-VET, o CMUS Profesional de Música Manuel Quiroga abre convocatoria para a selección de profesorado participante en mobilidades de aprendizaxe por observación (job-shadowing) en institucións europeas.
🗓️ Prazo de presentación de solicitudes:
Do 2 de febreiro de 2026 ao 16 de febreiro de 2026 (15 días naturais)
Resolución
- Listaxe provisional de persoas seleccionadas (20/2/2026)
- Listaxe definitivo de persoas seleccionadas (26/2/2026)
📝 Formulario de solicitude
O formulario debe cubrirse en liña, sen necesidade de descargar nin enviar documentación por correo electrónico.
Unha vez enviada a solicitude, a persoa participante recibirá confirmación do rexistro.
⬇️ Formulario de solicitude ⬇️
Solicitude de participación - Proxecto Erasmus+ KA122-VET
