Convocatoria de mobilidade Erasmus+ para o profesorado (nov26)

Proxecto Erasmus+ KA122-VET

📢 Curso académico 2026/2027 · Proxecto KA122-VET (convocatoria aberta-novembro 2026)

O CMUS Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra abre o proceso de selección de profesorado para participar en mobilidades Erasmus+ na modalidade de aprendizaxe por observación (job shadowing), no marco do proxecto ARMONIZANDO HORIZONTES: tradición musical y diversidad cultural en la Europa contemporánea (2026-1-ES01-KA122-VET-000441725).

Convócanse 7 prazas para o profesorado do centro durante o curso 2026/2027. As mobilidades desenvolveranse en institucións europeas de ensino musical, cunha duración prevista de cinco días de actividades formativas por participante, ademais dos días de desprazamento. As datas e os destinos concretaranse en coordinación cos centros de acollida.

🗓️ Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de novembro ao 10 de decembro de 2026, ás 23:59 h.

ℹ️ Reunión informativa: xoves 3 de decembro, ás 20:00 h, na biblioteca do Conservatorio.


📄 Documentación da convocatoria

Antes de presentar a solicitude, consulta as bases, os criterios de selección e as indicacións para a elaboración da carta de motivación.


📝 Presentación de solicitudes

A solicitude e a documentación presentaranse a través do formulario electrónico, de acordo coas indicacións das bases. A carta de motivación cubrirase directamente no formulario, cun máximo de 3.000 caracteres, espazos incluídos.

⬇️ Formulario de solicitude ⬇️

📨 Presentar solicitude

Para calquera dúbida, contacta co Equipo Erasmus+: erasmusplus.cmus.pontevedra@edu.xunta.gal

Cofinanciado pola Unión Europea. As opinións e os puntos de vista expresados só comprometen os seus autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE). Nin a Unión Europea nin o SEPIE poden ser considerados responsables deles.


📌 Resolución

  • Listaxe provisional de persoas seleccionadas
  • Listaxe definitivo de persoas seleccionadas