Proxecto Erasmus+ KA122-VET
📢 Curso académico 2026/2027 · Proxecto KA122-VET (convocatoria aberta-novembro 2026)
O CMUS Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra abre o proceso de selección de alumnado para participar en mobilidades en grupo Erasmus+ en Portugal, no marco do proxecto ARMONIZANDO HORIZONTES: tradición musical y diversidad cultural en la Europa contemporánea (2026-1-ES01-KA122-VET-000441725).
Convócanse 16 prazas para alumnado matriculado en calquera dos cursos de Grao Profesional durante o curso 2026/2027. As mobilidades desenvolveranse en dous centros de ensino musical de Portugal, en grupos de oito participantes, con tres días de actividades formativas, ademais dos días de desprazamento.
🗓️ Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de novembro ao 10 de decembro de 2026, ás 23:59 h.
ℹ️ Reunión informativa para as familias: xoves 3 de decembro, ás 20:00 h, na biblioteca do Conservatorio.

📄 Documentación da convocatoria
Antes de presentar a solicitude, consulta as bases, os criterios de selección e as indicacións para a elaboración do proxecto de mobilidade en formato de vídeo.
- Bases da convocatoria
- Anexo I · Baremo de selección
- Anexo II · Rúbrica de avaliación do proxecto de mobilidade
- Modelo de autorización da representación legal (alumnado menor de idade)
📝 Presentación de solicitudes
A solicitude e a documentación presentaranse a través do formulario electrónico, de acordo coas indicacións das bases da convocatoria.
⬇️ Formulario de solicitude ⬇️
Para calquera dúbida, contacta co Equipo Erasmus+: erasmusplus.cmus.pontevedra@edu.xunta.gal
Cofinanciado pola Unión Europea. As opinións e os puntos de vista expresados só comprometen os seus autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE). Nin a Unión Europea nin o SEPIE poden ser considerados responsables deles.
📌 Resolución
- Listaxe provisional de persoas seleccionadas
- Listaxe definitivo de persoas seleccionadas
