🇪🇺🎶 Mobilidade Erasmus+ | Job Shadowing en Alemaña

O profesorado do CMUS Profesional Manuel Quiroga Sergio Heredia e Micaela González realizou unha estancia de job shadowing na Kreismusikschule Potsdam-Mittelmark “Engelbert Humperdinck”, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do centro, asistir ás súas aulas e compartir experiencias co seu profesorado.

Durante esta mobilidade contaron co apoio da súa antiga compañeira Laura Domínguez, quen facilitou o contacto e a súa integración na vida da escola. Así mesmo, foron acollidos polo profesor Martin Aust, que lles abriu as portas das súas clases e lles permitiu coñecer de preto o seu traballo coas agrupacións instrumentais. A estancia culminou coa participación activa de ambos docentes no concerto conmemorativo do aniversario da institución, compartindo escenario co profesorado e o alumnado do centro alemán. Esta experiencia supón unha valiosa oportunidade de aprendizaxe, intercambio de boas prácticas e crecemento profesional, e foi posible grazas ao intenso labor de coordinación e á implicación da coordinadora Erasmus+ do centro, Leticia Folgar, cuxo traballo foi fundamental para facer realidade esta primeira mobilidade.

Con esta experiencia comeza a andaina Erasmus+ do CMUS Profesional Manuel Quiroga, unha aposta pola internacionalización, a cooperación e o enriquecemento da nosa comunidade educativa. Que sexa a primeira de moitas! 🇪🇺

Texto e imaxes: instagram.com/cmusmanuelquiroga