· 13/5/2025 > Orde de participación
· 5/5/2025 > Listaxe de admitidos
· 22/4/2025 > Aberto o prazo de inscrición para participar no III Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga que organiza o Departamento de Tecla. O prazo remata o 30 de abril. A inscrición realízase a través do seguinte formulario. Consulta as bases do concurso nesta páxina web.
III CONCURSO DE PIANO CMUS MANUEL QUIROGA
Desde o Departamento de Tecla do Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga” de Pontevedra convocamos o III Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga, que terá lugar nunha única fase no auditorio do no noso conservatorio os días 3 e 4 de xuño de 2025.
Poderán participar no concurso todos aqueles estudantes matriculados no presente curso nas escolas de música e conservatorios galegos.
As inscricións realizaranse desde o 22 de abril ao 30 de abril, ambos inclusive.
Formulario de inscrición: https://forms.gle/eeKj9DMqhoz3QbzZ9
Deberanse achegar a Declaración de conformidade e a Autorización para o tratamento de imaxes.
[pdf] III Concurso – Autorización para o tratamento de imaxes
[pdf] III Concurso – Declaración de conformidade
[www] Formulario de inscrición (22-30 de abril de 2025)
Edicións anteriores
[www] II Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga (edición 2024)